martes, 3 de mayo de 2016

Patricia García-Rojo


A visita da autora Patricia García-Rojo, o venres 15 de abril foi unha experiencia moi gratificante. Amosounos a súa simpatía da man do seu fermoso acento do sur, concretamente de Xaén. A autora conseguiu algo que poucos autores conseguiron, ter mellor aceptación co seu propio libro, neste caso "El mar". Nesta charla, de xeito moi dinámico e interactuando connosco, a autora deunos a coñecer parte de ela mesma e do seu libro, máis alá do que podía ser transmitido pola lectura do mesmo.

Ó rematar a charla, a autora procedeu coa firma dos libros, e cabe facer mención a que cada libro ten unha dedicatoria diferente. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario